Manual de KMix

Manual de KMix

Gaurav Chaturvedi

Desenvolvedor: Christian Esken
Desenvolvedor: Helio Chissini de Castro
Desenvolvedor: Brian Hanson
Tradución ao galego: Adrián Chaves Fernández
Revisión 4.3 (3/11/2012)

KMix é un programa que permite cambiar o volume da tarxeta de son.


Capítulo 1. Introdución

Capítulo 1. Introdución

KMix é compatíbel con diversas plataformas e controladores de son.

Se ten instalador controladores tanto de ALSA como de Open Sound System (OSS), KMix usará os de ALSA.

Captura de KMix

Capítulo 2. Xanela principal

Capítulo 2. Xanela principal

Introdución á xanela principal de KMix

Captura de KMix

Menú «Ficheiro»

Menú «Ficheiro» de KMix
FicheiroAgochar a xanela do mesturador (Esc)

Agochar a xanela do mesturador

Configuración

Configuración

Configuración de KMix
ConfiguraciónConfiguración de son

Abra o módulo Phonon de Configuración do Sistema para configurar as preferencias en canto aos dispositivos de son e vídeo e as infraestruturas empregadas pola API de son e vídeo de KDE, Phonon.

Escoller a canle mestra

Canle mestra de KMix

Escolla a canle mestra de KMix.

Configurar KMix

Configurar KMix

Configure varios parámetros de KMix.

ComportamentoAncorar na área de notificación.

Marque esta opción para ancorar KMix na área de notificación.

ComportamentoActivar o control do volume na área de notificación.

Marque esta opción para activar o control do volume desde a área de notificación.

ComportamentoReacción do control do volume.

Marque esta opción para activar as reaccións sonoras ao cambiar o volume.

InicioRestaurar os volumes ao acceder ao sistema.

Marque esta opción para activar a restauración do volume ao acceder ao sistema.

InicioInicio automático.

Marque esta opción para que KMix se inicie automaticamente xunta o espazo de traballo.

VisualMostrar marcas de nivel.

Marque esta opción para mostrar marcas de nivel nos controis.

VisualMostrar etiquetas.

Marque esta opción para mostrar etiquetas nos controis.

VisualMostrar a visualización na pantalla (OSD).

Marque esta opción para mostrar unha pantalla OSD sobre o trebello de KMix na área de notificación.

Orientación do control desprazábel:Horizontal

Seleccione este valor para usar unha orientación horizontal para o control desprazábel.

Orientación do control desprazábel:Vertical

Seleccione este valor para usar unha orientación vertical para o control desprazábel.

Capítulo 3. Uso avanzado

Capítulo 3. Uso avanzado

Control remoto e uso de scripts mediante D-Bus

Pode controlar KMix mediante D-Bus. Isto permite a usuarios avanzados realizar tarefas especiais como silenciar o computador todos os días ás dez da tarde, ou calquera outra tarefa a efectuar mediante scripts.

Para listar todos os métodos e propiedades de D-Bus relacionados con KMix:

qdbus org.kde.kmix

Para obter o volume (0-100%):

qdbus org.kde.kmix /Mixers/0/Master_0 org.freedesktop.DBus.Properties.Get org.kde.KMix.Control volume

Para cambiar o volume (0-100%):

qdbus org.kde.kmix /Mixers/0/Master_0 org.freedesktop.DBus.Properties.Set org.kde.KMix.Control volume 70

Capítulo 4. Autores e licenza

Capítulo 4. Autores e licenza

KMix

Documentación © 2010, Gaurav Chaturvedi

Agradecementos a:

Matt Johnston (copiou e pegou unha morea de cousas da súa antiga documentación de KMix).

Adrián Chaves Fernández

Esta documentación está licenciada sob os termos da GNU Free Documentation License.

Este programa está licenciado sob os termos da Licenza Pública Xeral de GNU.

Apêndice A. Instalación

Apêndice A. Instalación

Conseguir KMix

KMix forma parte do proxecto KDE http://www.kde.org/.

Pode encontrar KMix no paquete kdemultimedia en ftp://ftp.kde.org/pub/kde/, o servidor principal do proxecto KDE.

Compilación e instalación

Compilación e instalación

Para poder compilar e instalar o KMix no sistema, escreba os seguintes comandos no directorio raíz da distribución de KMix:

% ./configure
% make
% make install

Dado que KMix emprega autoconf e automake non debera ter nengún problema a compilalo. Se o tiver, comuníqueo nas listas de KDE.