
4.11) (11/5/2013)
Copyright © 2004 Mike Diehl
Copyright © 2007 Ian Monroe
Dragon Player é un reprodutor de vídeo simple de KDE.

Se inicia Dragon Player desde o iniciador de programas ou usa (Ctrl+O) desde a barra de ferramentas ou desde o menú , móstrase a seguinte xanela:

Hai tres xeitos de reproducir un ficheiro de vídeo:
abre un diálogo desde o que pode seleccionar un ficheiro para reproducir.
permite reproducir un CD ou DVD.
abre un diálogo no que introducir o enderezo dunha transmisión de son ou vídeo.
Faga clic duplo nun elemento da lista de reprodución de ficheiros recentes para reproducilo. O menú de contexto da lista de reprodución fornece accións para retirar o elemento seleccionado ou baleirar toda a lista. Todos os ficheiros que reproducise algunha vez engadiranse automaticamente á lista.

Durante a reprodución dun filme, pode poñer o programa a pantalla completa. Deste xeito, utilízase toda a superficie do monitor para reproducir o filme. Ao mover o cursor durante o modo a pantalla completa, móstrase unha barra de ferramentas na parte superior da pantalla. Para entrar no modo a pantalla completa use o menú de , a acción da barra de ferramentas, faga clic duplo no vídeo ou use a tecla F.
Seleccione esta acción desde o menú de para axustar o Brillo, o Contraste, o Ton e maila Saturación. Estas opcións gárdanse por separado para cada vídeo, xunto co punto que se está a reproducir. Isto permite retomar a reprodución dun vídeo coa configuración seleccionada, e desde o punto no que estaba cando o pechou.
- Navegación
O atallo Av Páx avanza un 10%, Re Páx retrocede un 10%. Use → (R) para acceder ao menú do vídeo e seleccionar outro capítulo para reproducir. → (Espazo) permite poñer en pausa e continuar a reprodución cando hai un filme cargado. → (S) detén a reprodución. Use (,) e (.) no menú para navegar entre os capítulos do filme.
Se está a reproducir vídeo cunha barra de ferramentas oculta, pode usar o atallo M para desactivar ou activar o son. Tamén pode usar o atallo V para mostrar ou ocultar o control desprazábel do volume na parte dereita do vídeo.
- →
Este menú permítelle escoller as proporcións do filme que está a reproducir. As proporcións son a anchura dun filme en comparación coa súa altura.
- e
Estes elementos do menú de actívanse cando hai subtítulos ou canles de son (por exemplo, con outros idiomas) dispoñíbeis para o filme actual. Teña en conta que podería ser necesario que a reprodución avance uns segundos para que os subtítulos ou as canles de son pasen a estar dispoñíbeis.

Dragon Player
Programa © 2004, Max B. Howell (max.howell AT methylblue.com)
Programa © 2007, Ian A. Monroe (imonroe AT kde.org)
Documentación © 2004, Mike Diehl (madpenguin8 AT yahoo.com)
Documentación © 2007, Ian Monroe (imonroe AT kde.org)
Adrián Chaves Fernández(adriyetichaves AT gmail.com)
Esta documentación está licenciada sob os termos da GNU Free Documentation License.
Este programa está licenciado sob os termos da Licenza Pública Xeral de GNU.